Cargando resultados...
Alberto Baraya: "O movemento das velas de navegación é tamén material pintable"
Alberto Baraya: "O movemento das velas de navegación é tamén material pintable"
O Museo de Pontevedra convida a artistas contemporáneos para que 'dialoguen' cos fondos da súas coleccións no ciclo Infiltracións
Baraya pintou, mentres navegaba, sobre unha vela en deshuso cedida pola Escola Naval de Marín
'Vento'. Alberto Baraya. Ata o 2 de marzo no Museo de Pontevedra
G24.gal
02/12/2024 14:37
Última actualización 02/12/2024 16:36
Alberto Baraya defínese como pintor, fotógrafo e viaxeiro. Na mostra que presenta no museo de Pontevedra dentro do Ciclo Infiltracións, actualiza a tradición pictórica do "ao pleno aire".
O colombiano navegou nunha embarcación tradicional e plasmou, na propia vela da barca, a paisaxe que ía contemplando pola ría.
'Vento' chámase esta exposición, como a forza motriz deste proxecto.