Mario César Vila: "En Galiverso as tecnoloxías máis modernas van da man cos mundos pretéritos"
Mario César Vila: "En Galiverso as tecnoloxías máis modernas van da man cos mundos pretéritos"
Galiverso no corazón da pedra propón unha viaxe ás entrañas da terra para descubrir marabillas naturais, arqueolóxicas, etnográficas e históricas de Galicia
Na mostra podemos visitar o interior da Cova do Rei Centolo ou a de Eirós
Mario César Vila achéganos aspectos de actualidade arqueolóxica e patrimonial, principalmente relacionados co proxecto do Galiverso que estrea unha nova experiencia de realidade virtual: 'Galiverso no corazón da pedra'.
Nesta mostra pódese entrar sen risco en lugares inaccesibles como a cova de Eirós, cos seus gravados e pinturas rupestres, e nalgunhas das salas máis espectaculares da cova do Rei Cintolo. Tamén explorar enclaves singulares como o xacemento romano de Aquis Querquennis, a praia de area negra de Teixidelo ou o afloramento granítico do Penedo de Noiteboa.