Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Alguén vira', de Pablo García: Luís Seoane nun tempo de perigo

'Alguén vira', de Pablo García: Luís Seoane nun tempo de perigo

Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane está publicado por Laiovento

O ensaio de Pablo García inspírase no pensamento doutro exiliado, Walter Benjamin

O profesor da USC tamén quere facer unha chamada de atención pola deterioración do Museo Carlos Maside

G24.gal 21/06/2023 14:32 Última actualización 21/06/2023 16:24

Alguén virá é un ensaio de Pablo García Martínez que abre novas fiestras para analizar o pensamento de Luís Seoane. O investigador céntrase nos anos 50, un "momento de perigo" para a memoria do país, cando se consolida o franquismo e se producen algunhas fendas entre os galeguistas que vivían en Galicia e os exiliados en América.

O libro examina a querenza de Seoane pola Idade Media e a admiración polas revoltas e mesmo os labores populares do pobo galego a través dos séculos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar