Cargando resultados...
Andreia Costas: "Estar do lado dos gañadores é fácil, o difícil é estar aos outros lados"
Andreia Costas: "Estar do lado dos gañadores é fácil, o difícil é estar aos outros lados"
Magnolia punk e outras arrítmias, de Medulia Ed., tece emocións marcadas pola fricción social e persoal permanente
Os versos latexan por temas como o poscolonialismo, a xestion política social ou o poder do algoritmo dixital
Andreia Costas presenta Magnolia punk e outra arrítmias o 7 de xuño na Feira do Libro de Ourense
A poeta Andreia Costas
G24.gal
30/05/2023 15:22
Última actualización 30/05/2023 21:46
"Tempo é vida e a vida vive dentro da rebelión, e da ferida", son versos que agroman nas primeiras páxinas deste libro, Magnolia punk e outras arritmias, de Andreia Costas. Poemas que latexan como a vida mesma. A vida que vive dentro da rebelión e da ferida provocános a arritmia das emocións e Andreia Costas non as disimula, máis ben traza músicas novas con elas.