Publicador de contidos
Publicador de contidos

Anxo Pintos: "O repertorio dos tres músicos convidados entra como volcán en erupción co noso"

Anxo Pintos: "O repertorio dos tres músicos convidados entra como volcán en erupción co noso"

Entreterras, o novo espectáculo da Orquestra Folk de Galicia, SonDeSeu, tece as músicas de raíz de Galicia, Portugal e Canarias

Nos dous concertos semiacústicos de presentación participarán Sés, o canario Hirahi Afonso e portugués Daniel Pereira

 Entreterras: 24 de maio no Teatro Afundación, Vigo, 2 de xuño, Pazo da Cultura de Narón

Anxo Pintos, presidente da Fundación SonDeSeu
G24.gal 23/05/2024 14:57 Última actualización 23/05/2024 16:37

Dirixida por Xaquín Xesteira, a orquestra SonDeSeu presenta mañá no Teatro Afundación de Vigo, o seu novo espectáculo. Chámase Entreterras. Un meridiano invisible tece un fío sonoro que a través das músicas de raíz, une xeograficamente a Galicia, Portugal e as Canarias. Así nace este novo proxecto de SonDeSeu, no que a Orquestra Folk de Galicia se acompañará de artistas comprometidos coa innovación e o respecto ás músicas tradicionais dos seus territorios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos