Barahunda: "Nas cantigas medievais nós escoitamos as mulleres berrar e chorar"
Barahunda: "Nas cantigas medievais nós escoitamos as mulleres berrar e chorar"
Tras anos de investigación, composición, produción e escritura publican Fremosas (Ed. Toxosoutos), un traballo musical e literario
Barahúnda, 25 anos facendo música folk de raíz ibérica, cantigas galego-portuguesas, cancións sefardís ou composicións propias
Próximos concertos de Barahúnda: o 27 de outubro, Noia; 3 de novembro, Auditorio de Rianxo
Todalas cousas eu vejo mudar,
múdamse os tempos e mudase o al,
mudas'a gente em fazer bem ou mal,
mudamse os ventos e toda outra rem
mais non se pode o coraçom mudar
Esto é un anaquiño de Todalas cousas eu vejo partir, unha cantiga de amigo de Joan Airas de Santiago que esta incluída en Fremosas, o novo traballo de Barahúnda. Un libro disco editado por Toxosoutos deste dúo formado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro que leva 25 anos nos escenarios conxugando arte e oficio, divulgación e beleza.