Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Basta de avergoñar a Portugal": o presidente do parlamento portugués reprende a ultradereita

"Basta de avergoñar a Portugal": o presidente do parlamento portugués reprende a ultradereita

A ultradereita portuguesa intentaba boicotear a visita do presidente brasileiro cando se celebra o aniversario da Revolución dos Cararaveis

Despois do seu paso por Portugal, Lula visita agora España para relanzar as relacións bilaterais

G24.gal 25/04/2023 20:33

As voces en defensa da democracia e contra a ameaza da ultradereita multiplicáronse este martes no Parlamento portugués durante a conmemoración do aniversario da Revolución dos Caraveis.

A presenza de Lula no Parlamento, na última actividade da súa axenda en Portugal, terminou coa protesta de Chega. O partido de ultradereita convocou unha manifestación na súa contra e tentou, sen éxito, interromper o seu discurso na Asemblea.

Os deputados de Chega golpearon as bancadas e exhibiron carteis contra a corrupción e nos que se lía "o lugar do ladrón é a prisión" cando Lula se dispoñía intervir fronte á Asemblea.

"Basta de avergoñar a Portugal", reclamou o presidente o Parlamento, o socialista Augusto Santos Silva, nun incidente inédito no Parlamento luso.

Unha vez concluída a visita do líder brasileiro, a tensión provocada polos deputados de ultradereita marcou a sesión posterior organizada polo 49 aniversario da Revolución dos Caraveis, a gran festa da liberdade que celebra a fin da ditadura en Portugal.

O presidente luso, o conservador Marcelo Rebelo de Sousa, reivindicou a presenza de Lula no Parlamento: "Ten todo o sentido o encontro de hoxe", resolveu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade