Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruno Arias: "Dous anos despois das Letras, xa non sinto a lousa de ter que divulgar o legado da miña tía Xela"

Bruno Arias: "Dous anos despois das Letras, xa non sinto a lousa de ter que divulgar o legado da miña tía Xela"

'Os espazos en branco' é unha pescuda sobre os recordos e a propia identidade

O documental gañador do premio Mestre Mateo chega agora ás salas de cine galegas

O sobriño de Xela Arias recolle os recordos familiares da autora con imaxes familiares
 

G24.gal 07/11/2024 15:34 Última actualización 07/11/2024 16:31

A ausencia de Xela Arias foi sempre unha presenza no seu sobriño Bruno. Bruno case non gardaba recordos dela. Agora a través dun documental revisa a súa tía desde os ollos do sobriño, e así, remata por revisarse el mesmo. 

A última vez que Bruno viu a súa tía Xela só tiña 5 anos. A morte prematura dela e a dimensión da súa figura na cultura galega que se agrandou coa concesión das letras galegas en 2021, marcou como unha eiva a falta de recordos do neno xa feito adulto.

Bruno Arias estrea en salas o seu documental 'Os espazos en branco'. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade