Carlos Álvarez-Ossorio: "Profetas é un texto complexo que fala de entender as relacións e a un mesmo"
Carlos Álvarez-Ossorio: "Profetas é un texto complexo que fala de entender as relacións e a un mesmo"
'Profetas' estréase en Lugo este xoves. En Sarria estará o domingo 27 e en Santiago, o 3, 4 e 5 de maio
A compañía luguesa Ítaca Teatro pon en escena un texto de Ernesto Is que gañou o Premio Abrente da MIT de Ribadavia en 2021
Carlos Álvarez-Ossorio dirixe a Elea López e Carlos Rebolo nunha peza que combina linguaxes escénicas: vídeo en directo, máscaras e movemento
'Profetas' é un texto de Ernesto Is que agora podemos gozar no teatro na montaxe da compañía luguesa Itaca Teatro. A obra é un exercicio metateatral que aborda cuestións como o compromiso político e artísitico ou a crise da parella. Podemos vela este próximo xoves no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.