Cargando resultados...
Iria Sobrado: "Nesta peza aflora o deus salvaxe interior que todos tentamos agochar"
Un deus salvaxe foi representada en escenarios de todo el mundo e levada a gran pantalla por Roman Polanski
Artur Trillo dirixe na versión galega a María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais
A vindeira representación é o venres 25 de abril en Culleredo
G24.gal
22/04/2025 14:49
Última actualización 22/04/2025 16:41
Dous matrimonios, adultos e civilizados, xúntanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver..., ou quizais a cousa non sexa tan doada?
Esta é a situación da que parte 'Un deus salvaxe', unha obra de teatro da francesa Yasmina Reza que agora podemos ver en galego con Talía Teatro. Esta é a obra da que nos quere falar hoxe Iria Sobrado.