Yaiza Peixoto: "Tecer redes de afecto é fundamental para que o proxecto de Espazo Lectura se manteña"
Yaiza Peixoto: "Tecer redes de afecto é fundamental para que o proxecto de Espazo Lectura se manteña"
Desde o Espazo Lectura, na parroquia de Donas, en Gondomar, organizan actividades relacionadas coa promoción da lectura e do libro
Traballan na creación e animación de clubs de lectura, a divulgación e sensibilización, e a formación especializada en fomento da lectura
Espazo Lectura recibiu o Premio Irmandade do Libro, o Follas Novas ou Premio Fernández del Riego da Asociación de Editores
"A nosa ilusión é contribuír e que todos poidan desfrutar dos enormes privilexios con que a lectura agasalla as persoas que fan dos libros un elemento importante da súa vida".
A frase é de Yaiza Peixoto, presidenta da Asociación Espazo Lectura. Díxooa cando acaban de recibir o Premio Follas Novas polo seu impresionante traballo de fomento da lectura desde a parroquia de Donas, en Gondomar.
Son unha asociación que comezou a traballar hai xa 17 anos e continúa divulgando, animando e creando novos lectores. E hoxe, xa que cebramos o Día do Libro queriamos que fosen protagonistas tamén deste programa os lectores e os que fan posible a mediación lectora.