Cine internacional desde Bueu e Verín
Cine internacional desde Bueu e Verín
O FIC Bueu proxecta curtas premiadas en Cannes, Berlín ou Sundance
Na sección oficial do FIC Verín participan 32 curtametraxes
Os dous festivais ofrecen actividades paralelas como concertos e coloquios
O Festival Internacional de Cinema de Bueu estende ata o 23 de setembro a súa décimo sexta edición, cunha sección oficial que inclúe pezas dos cinco continentes e curtas de cineastas galegos como Ángel Santos ou Álex Fidalgo.
O festival completa a programación con concertos como o de Malandrómeda e coloquios con cineastas e promove actividades formativas como a primeira Residencia FIC Bueu, que titorizará Isabel Peña, coguionista de filmes como 'As bestas' ou 'El reino'. A última semana estará dedicada ao público máis novo.
A oitava edición do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín recunca nas liñas temáticas que conforman a identidade do festival: a raia e as fronteiras, as migracións e o Entroido, pero tamén inaugura unha sección específica destinada ao público infantil. As curtametraxes gañadoras coñeceranse na gala da noite do sábado 16 de setembro.