Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comesaña: "Con certeza será un Nadal con precaucións e coa máscara no interior"

Comesaña: "Con certeza será un Nadal con precaucións e coa máscara no interior"

O conselleiro de Sanidade confirma a obrigatoriedade do certificado de vacinación para ir de visita aos hospitais galegos 

G24.gal 14/11/2021 20:48

O titular de Sanidade anunciou que para fins da semana que vén os hospitais galegos pedirán o certificado de vacinación aos que visiten un paciente ingresado. Aínda que a incidencia da covid–19 se duplicou en Galicia nas últimas tres semanas, polo de agora descarta implantar o uso dese certificado para acceder aos establecementos hostaleiros. 

A normativa que pretende facer obrigatorio o certificado de vacinación para os visitantes dos pacientes hospitalizados nos espazos do SERGAS será remitida inminentemente ao TSXG. Non pedirán o pasaporte covid nin o resultado negativo nunha proba diagnóstica recente aos acompañantes dun enfermo que vaia a unha consulta ou a unha proba diagnóstica. Contando cos prazos da xustiza, cara á fin de semana vindeira, a nova medida estaría en vigor. 

"Ese certificado será requirido, ben sexa na planta, ben sexa nos accesos, e calquera sanitario poderá esixilo. Nós entendemos que un paciente hospitalizado é practicamente imposible que estea coa máscara posta todo o tempo.  O que intentamos é non ter gromos nos hospitais, como por desgraza tivemos nalgunha ocasión", explica o Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña.

A tendencia das tres últimas semanas, con incrementos practicamente diarios dun 5 %, fan que, co resorte do comité clínico, as decisións respecto ás medidas restritivas se revisen ou establezan de quince en quince días. E aínda que o Nadal queda lonxe...

"Pero si podo dicir con certeza que vai ser un Nadal coa máscara nos interiores, sen dúbida, e será un Nadal con recomendacións de prudencia. Eu creo que ademais todos temos a experiencia do Nadal pasado, non tanto do Nadal pasado, que tamén, senón do que pasou despois do Nadal", declara Comesaña.

O que pasou despois do Nadal foi a terceira vaga de coronavirus. O 28 de xaneiro morreron en Galicia en 24 horas trinta e seis persoas diagnosticadas da covid–19. Ata o día dez de febreiro foran 561 os falecidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade