Cargando resultados...
Euloxio R. Ruibal: "Sentíame incómodo no teatro convencional, o de burgueses arredor dun sofá"
Euloxio R. Ruibal: "Sentíame incómodo no teatro convencional, o de burgueses arredor dun sofá"
Euloxio Ruibal recibe hoxe en Santiago a homenaxe 'Escritor na súa terra' de AELG
Zardigot, escrita en 1974, considérase unha obra fundacional do teatro galego contemporáneo
Antes da súa faceta como dramaturgo xa entrara en contacto coa escena teatral en Ditea
G24.gal
15/06/2024 11:30
Última actualización 12/06/2024 17:02
Euloxio Ruibal criouse no teatro e no cine, devorando todo o que podía nutrilo e converténdose cos anos nun dos grandes dramaturgos deste país, considerado un renovador da dramaturxia galega. Por iso, e por toda a súa carreira literaria, hoxe recibe en Santiago a homenaxe 'O escritor na súa terra' a cargo dos compañeiros da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Un homenaxe merecida para un home que transformou e modernizou a dramaturxia do teatro galego.