Fernando Cortizo: "Cando falas con tanta xente das súas experiencias comezas a crer"
Fernando Cortizo: "Cando falas con tanta xente das súas experiencias comezas a crer"
'Buscando a Santa Compaña' afonda nesta lenda da tradición galega desde a opinión de expertos e testemuñas
Para a rodaxe do documental percorreu boa parte de Galicia, desde O Courel ata as Illas Cíes ou de Pontevedra a Ribadeo
A proxecto terá continuidade nunha páxina web e co documental Memento Mori
Desde finais do século XIX ata mediados do século XX, os casos de aparicion da Santa Compaña, mulitiplicáronse e mesmo aparecían na prensa da época. É unha das cousas que nos conta o documental 'Buscando a Santa Compaña'. Un traballo de investigación do director Fernando Cortizo que compite no Festival de Cine de Ourense. Durante meses de investigación gravou os relatos e as opinións de máis de 20 expertos e testemuñas buscando unha resposta: existe a Santa Compaña?