Cargando resultados...
Helena de Carlos: "A metamorfose é o material do que está feita a vida"
Helena de Carlos: "A metamorfose é o material do que está feita a vida"
Os poemas de 'Imago' parten da vivencia das dúas metamorfoses dunha muller: a puberdade e a madurez
Os versos serven para unha reflexión sobre a conciencia do tempo desde o coñecemento do inmutable
Imago, da colección Tambo de Kalandraka, chega dezaseis anos despois de Vigo, co que gañara o Premio da Crítica Española
Helena de Carlos, autora de 'Imago'
G24.gal
21/06/2023 14:34
Última actualización 21/06/2023 16:41
"Ante o desacougo, exercemos a mais fusca hostilidade, acubillámonos baixo as ás, pechamos os ollos, non queremos mirar..."
Son versos de 'Tardiña' un dos poemas que compoñen Imago, un libro que nos devolve, dezaseis anos despois, a poeta Helena de Carlos cheo de nebulosas da memoria, do aire que nos move, da palabras, do tempo que vibra e nos transforma.