'Historias futuras', un proxecto da Fundación Marta Ortega de apoio aos novos talentos creativos
'Historias futuras', un proxecto da Fundación Marta Ortega de apoio aos novos talentos creativos
Os silos do porto da Coruña acollen a mostra de tres fotógrafos galegos cun futuro prometedor por diante
Con pouco máis de 20 anos, Alba, Sofía e Umesh comparten o renovado espazo expositivo da Fundación Marta Ortega no porto da Coruña. "É un privilexio poder expoñer a nosa obra aquí" din Alba e Sofía.
Cursaron os seus estudos de fotografía da Escola Mestre Mateo de Santiago. Unha bolsa da Fundación Marta Ortega permitiulles seguir en Milán un dos programas académicos especializados no mundo da moda.
"É un impulso que te sitúa no mapa da fotografía a nivel nacional. Aprendín moitísimo nos tres meses en Milán", asegura Sofia Taboada.
Froito desta formación nace 'Historias futuras', tres proxectos íntimos e persoais cos que agardan abrir un oco no mercado laboral.
"A idea é formar un equipo con deseñadores novos para facer cousas chulas", Umesh Graña.
"Neste sector e nesta cidade que se move no mundo da moda, agardo ter futuro", cre Alba Jiménez.
Desde este venres e ata o 31 de xullo poderán verse estes traballos. Como complemento están programados tres encontros con destacados nomes da cultura e a creación contemporánea entre eles o arquitecto David Chipperfield.