Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iñaki Martínez Antelo: "Estes cinco anos proban a madurez do público do Plataforma"

Iñaki Martínez Antelo: "Estes cinco anos proban a madurez do público do Plataforma"

Baixo o fío da performatividade, tenden pontes entre artes visuais e artes vivas, a música, a arquitectura ou a poesía 

Neves Seara, Grace Schwindt, Mónica Valenciano, Nuria Vil, María Jerez, Nuria Sotelo ou Juan Domínguez participan no Plataforma 

Plataforma, festival de arte performativa, do 16 ao 25 de maio, en distintos espazos de Santiago de Compostela

Iñaki Martínez Antelo. Director do festival
G24.gal na performances hai máis mullers que homes 16/05/2024 14:53 Última actualización 16/05/2024 16:27

”Un corpo non esperta enfermo así
como así un corpo non se fai deserto
se non é á forza de esgotarlle os recursos
e a vontade”

Son versos de Nuria Vil que este domingo estrea Deserto, un proxecto de poesía expandida dentro da programación do Plataforma, festival de artes performativas que, neste preciso momento, arranca en Compostela coa performance concerto 'Como un cento de paxaros', de Benxamín Otero e o Coro da Ra. Ata o próximo día 25 un programa en que as artes vivas, a música ou a poesía se espallan pola cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos