Publicador de contidos
Publicador de contidos

O #EAN converte o Gaiás nunha das citas de referencia da creación contemporánea

O #EAN converte o Gaiás nunha das citas de referencia da creación contemporánea

Tras 14 edicións, máis de 700 creadores emerxentes pasaron xa polo encontro de artistas novos da Cidade da Cultura

G24.gal 27/08/2024 14:44

Entre centos de solicitudes, son corenta os seleccionados. Por aquí, polo Gaiás, xa pasaron 700 artistas en total en 14 anos, e nesta edición número 14 algúns dos que viñeron como bolseiros recuncan agora como relatores consolidados. 

Cren que ningunha expresión artística escapa do tempo, do contexto e da experiencia íntima dos propios creadores. E este ano predominan inquedanzas sociais, como a experiencia das persoas migrantes, as guerras, a exposición á violencia. 

"Creo que o no noso día a día contemplamos destrución, o inimaxinable. E a min interésame a rúa, a resposta da xente, as bágoas, os cheiros...", comenta Alex Gambin, artista plástico que asiste ao encontro como bolseiro.

"O Encontro de Artistas Novos xa é parte do ADN na Cidade da Cultura. Aquí afondamos no diálogo entre artistas galegos e de fóra en catro días de convivencia moi intensiva onde todos dan o mellor de si", declara Rafael Doctor, director da #EAN.

"Estou desenvolvendo un proxecto artístico no que reflexiono sobre temas como a identidade, os corpos, todo o ligado a ambigüidade, o distinto o raro  e que por iso é temido ou ignorado por unha sociedade que o define como monstruoso, pero que é ela mesma o monstro por excelencia", expón a pintora de Narón, Lidia Amado. 

Xuntos comparten ideas, conviven, debaten. Reivindican o papel da arte como estimulante do pensamento e espertador de conciencias. A arte contemporánea non só como obxecto, tamén como acto, que sae dos museos e nos apela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade