Publicador de contidos
Publicador de contidos

Idol: a vaga coreana chega á banda deseñada galega

Idol: a vaga coreana chega á banda deseñada galega

O grupo máis relevante do K-pop actual xera 3.500 millóns de dólares ao ano

 Idol, unha historia instalada de pleno na cultura do K-pop  

Alba Chan e Ene son as autoras desta K-BD que edita Xerais, premio Garaxe Hermético, protagonizada por Vega e Ámbar

Alba Chan e Ene, autoras de 'Idol'
G24.gal 04/06/2024 12:44 Última actualización 04/06/2024 16:48

'Idol' é a banda deseñada coa que Alba Chan e Ene gañaron a quinta edición do premio O Garaxe Hermético. Entramos con elas nun talent show de música coreana. Estas factorías de estrelas son unha das claves do K-pop, caracterizado por crear bandas seleccionando adolescentes que superan unha dura formación, tanto artística como de carácter e valores. Idol está clasificada para un público de once anos en diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade