Ignacio Pérez-Jofre: "As miñas pezas teñen a capacidade de situar o espectador nun futuro imaxinario"
Ignacio Pérez-Jofre: "As miñas pezas teñen a capacidade de situar o espectador nun futuro imaxinario"
Ignacio Pérez-Jofre: "As miñas pezas teñen a capacidade de situar o espectador nun futuro imaxinario"
Nestas pezas de Pérez-Jofre en STV Espazo de arte exponse á vista o interior oco e a estructura de cartón o e que lles da un novo significado a estas portas atopadas
A súa obra recente baséase na observación e rexistro del entorno urbano, a pegada do entorno e a incorporación de material encontrado
Pérez-Jofre participa tamén, con Álex Fuerte, nas xornadas da Bienal de arte Algo que brilla de Vigo cunha obra titulada 'Monstruo'
"É como destripar un peixe ou facer a disección a un cadáver. Unha lección de anatomía".
Así describe Ignacio Pérez-Jofre o proceso de busca e creación da súa última serie: 'Abrir una puerta'. As pezas están exposta xa no Espazo Sivert de Arte, en Vigo. Pero hoxe queriamos traspasar ese limiar e conversar un anaco co artista.
Jofre investiga sobre o obxecto encontrado e as súas cualidades plásticas nesta mostra cuxo título describe literalmente o acto de abrir este obxecto para poder pasar a outro espazo, pero tamén, metaforicamente falando, abrir unha porta é comezar un camiño, ou quizais un novo xeito de facer.