Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Implosión: arte conceptual na colección CGAC', a mostra para celebrar o 30 aniversario

'Implosión: arte conceptual na colección CGAC', a mostra para celebrar o 30 aniversario

O presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura acudiron á inauguración da exposición conmemorativa no Centro Galego de Arte Contemporánea

G24.gal 28/09/2023 21:34

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), situado en Santiago de Compostela, inaugurou este xoves a exposición Implosión: arte conceptual na colección CGAC (1965-1975), con que celebra o seu 30 aniversario.

Con motivo destes aniversarios, o presidente da Xunta Alfonso Rueda e o conselleiro de Cultura Román Rodríguez visitaron este museo, "pioneiro" en Galicia como escaparate das novas tendencias creativas no mundo. Así o destacou Rueda, quen valorou o papel do CGAC para naturalizar todo tipo de prácticas artísticas, educar creadores e afeccionados e impulsar o talento plástico galego.

Ademais, para o presidente, o "modelo de éxito" do centro débese tamén ao esforzo dos seus traballadores. O museo abriu as súas portas ao público o 29 de setembro de 1993 coa inauguración dunha exposición de Maruja Mallo. En 2022, segundo datos da Xunta, acolleu 49.150 visitantes, un 30 por cento máis que o ano anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos