Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arte galega, arte universal, arte internacional: 30 anos do CGAC

Arte galega, arte universal, arte internacional: 30 anos do CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugurouse o 29 de setembro de 1993

O tempo foino convertendo nunha ferramenta esencial para comprender os cambios que viviu Galicia dende mediados do século XX

G24.gal 29/09/2023 21:53 Última actualización 29/09/2023 22:05

O CGAC foi algo máis ca un museo xa dende os seus comezos, que se remontan ao 29 de setembro de 1993, día grande porque se inauguraba o Centro Galego de Arte Contemporánea e porque se facía cunha exposición antolóxica de Maruja Mallo. 

Co tempo as salas fóronse enchendo das miradas das primeiras xeracións que gozaron da fortuna de coñecer xa na infancia o CGAC, que lle daba acubillo á arte galega e atendía tamén á evolución da estética por todo o mundo. Favoreceu a entrada de Galicia no circuíto artístico internacional. 

Nestas tres décadas, o CGAC foi evolucionando e introducíndonos na grandeza da experiencia artística. 50.000 visitantes contou en 2022. 50.000 motivos máis para seguir celebrando este aniversario.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos