Cargando resultados...
Iria Sobrado: "A peza fala da anulación do social, unha persoa soa nunca vai facer a revolución"
Iria Sobrado: "A peza fala da anulación do social, unha persoa soa nunca vai facer a revolución"
Inspirada na obra clásica Biedermann e os incendiarios de Max Frisch, a peza da compañía Áritka fala da sociedade actual
Está interpretada por Martín Máez, Rocío Salgado, Marcos Alonso e Fernanda Barrio con dramaturxia de Vanesa Sotelo e Tito Asorey
G24.gal
25/11/2024 15:14
Última actualización 25/11/2024 17:01
Non pasarán é unha comedia incendiaria que tamén é unha chamada á reflexión sobre a indiferenza e o auxe da intolerancia na nosa sociedade. Falamos dun teatro comprometido que engade elementos de comedia negra e drama absurdo.
Así é Non pasarán, a peza dirixida por Tito Asorey que a compañía Ártika Cía estreaba esta fin se semana na Sala Ártika de Vigo.