Cargando resultados...
Superheroes a bordo da Utópica rodante de Teatro ó Cubo con Iván Fernández
Superheroes a bordo da Utópica rodante de Teatro ó Cubo con Iván Fernández
Teatro ó cubo, a compañía de teatro formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal, pon en escena un texto de Roi Vidal
𝘿𝙚 𝙑𝙞𝙡𝙖𝙩𝙧𝙞𝙨𝙩𝙚 𝙖 𝙑𝙞𝙡𝙖𝙡𝙚𝙜𝙧𝙚 é unha coprodución co Centro Dramático Galego para o seu corenta aniversario
Coa Utópica Rodante como escenario sobre rodas queren achegar o teatro aos municipios menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos
G24.gal
20/05/2024 15:26
Última actualización 20/05/2024 16:38
O festival de Títeres de Redondela programou os espectáculos de 28 compañías, entre elas a última da compañía Teatro ó cubo: 'De Vilatriste a Vilalegre', unha peza na que xogan a recrear un rural galego con doses de utopía, algo de disparate, un chisco de realidade e moito humor. Ata o 15 de setembro percorrereran máis de 100 concellos de toda Galicia.