'Xustiza artificial' chega aos cines
'Xustiza artificial' chega aos cines
A película explora os dilemas do uso da IA na xustiza en forma de thriller político
Está dirixida polo coruñés Simón Casal, con ambientación e elenco galego
Coproducida por Abano, conta con participación da TVG
Aceptarías ser xulgado por unha intelixencia artificial? É o dilema que formula a longametraxe 'Xustiza artificial', a través dunha conspiración relacionada con un sistema de IA que pode acabar substituíndo xuíces e xuízas nos tribunais españois.
O coruñés Simón Casal dirixiu e coescribiu este filme ambientado en Galicia, con especial protagonismo da cidade da Coruña. Protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Amman, Tamar Novas e Alba Galocha, é unha coprodución hispano-portuguesa con participación de Abano Producións e da TVG.
'Xustiza artificial' estréase o venres 13 de setembro con 112 copias en toda España e proxéctase en cines de oito localidades galegas: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra, Ferrol e Carballo. O Diario Cultural da Radio Galega conversou con dous dos seus intérpretes, Santi Prego e Ledicia Sola.