Publicador de contidos
Publicador de contidos

Leiriños Solidarios: alugar parcelas cultivables e doar a produción a entidades sociais

Leiriños Solidarios: alugar parcelas cultivables e doar a produción a entidades sociais

A iniciativa está impulsada polos Biosbardos en colaboración con Kibutz e a ONG Miradas al Mundo

Busca a implicación das empresas a través da Responsabilidade Social Cooperativa

Persoal dos Biosbardos traballa as parcelas durante una ano e entrega a produción ás  entidades

G24.gal 18/04/2023 14:09

A proposta dos Leiriños Solidarios é un paso máis na andaina dos Biosbardos en Cambre, tras o seu éxito no eido da restauración, e dos leiriños particulares. Especialistas en agricultura ecolóxica, agora esta iniciativa solidaria enmárcase dentro da súa proposta de permacultura.

A través da plataforma Leirahub, o proxecto no que colaboran Kibutz, encargado da formación, e a oenegué Miradas al Mundo propón ás empresas empregar parte dos fondos de responsabilidade social cooperativa no alugueiro de parcelas de cultivo.

Un proxecto agroecolóxico que, ademais de solidario, busca dinamizar a actividade e a creación de emprego no rural.

Malia ser una proxecto con poucos meses de vida, a día de hoxe son tres os Leiriños Solidarios xa a pleno rendemento. Agardan que no futuro inmediato sexan moitas máis as empresas que aposten para que súa RSC quede en proxectos de ámbito local coma este.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade