Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a funcionar en Cambre a segunda estación loxística de Amazon en Galicia

Comeza a funcionar en Cambre a segunda estación loxística de Amazon en Galicia

Un novo centro, cun cadro de persoal de 40 membros, está situado no concello coruñés de Cambre deseñado para axilizar os procesos de distribución da compañía

A función de estacións coma esta é xestionar o que se coñece como última milla, onde reciben os paquetes dos almacéns, procésanse e entréganse aos clientes

Ten capacidade para xestionar ata 65.000 paquetes ao día

G24.gal 26/09/2024 14:35

A ritmo de DJ cando o reloxo aínda non deu as oito da mañá. Podería parecer cedo para moitos arrancar así o día..., pero non para as corenta persoas que traballan no novo centro loxístico de Amazon, para os que a xornada laboral arrancou hai xa catro horas. E así de luns a domingo..., porque, excepto algún festivo, aquí o ritmo non para.

A función de estacións coma esta é xestionar o que se coñece como última milla, onde reciben os paquetes dos almacéns, procésanse e entréganse aos clientes. Todo está milimetrado para cumprir cos prazos de entrega.

Ás 9 da mañá os paquetes xa están clasificados. E, aínda que por agora o volume non é alto, teñen capacidade para xestionar ata 65.000 ao día.

Aínda que poida parecer que nunha nave destas características está todo robotizado, o traballo faise de maneira totalmente manual, pero seguindo as indicacións dun complexo programa informático que asigna os pedidos segundo sexa o seu destino, buscando tamén a ruta que sexa máis operativa.

Ese é o traballo que fai unha frota de repartimento. De novo, todo cronometrado ata que abandonan o recinto, cando o reloxo marca as dez e media da mañá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade