Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mercarías un paquete sorpresa por 5 euros que procede dunha devolución de Internet?

Mercarías un paquete sorpresa por 5 euros que procede dunha devolución de Internet?

Hai unha tenda en Santiago que vende devolucións de Amazon e Aliexpress a prezos fixos 

G24.gal 28/06/2024 21:55

En Santiago hai un negocio que está causando furor e que vende, na súa maioría, caixas sorpresa de devolucións de paquetería. A intriga de non saber o que estás mercado é o que atopan interesante os centos de clientes que se achegan cada día.

Vostedes mercarían un paquete sorpresa sen saber que contén? Hai unha tenda en Santiago que vende devolucións de Amazon a prezos fixos de entre 5 e 10 euros. Leva unha semana aberta e o éxito deste negocio é total porque non dan abasto.

Non nos imos enganar, trátase de consumismo puro e duro para xogar ás apalpadas. A xente axita e examina os paquetes, algúns apostan polo volume e outros polo peso, e a maioría chega atraído polo efecto sorpresa, pode ser desde unha tableta ata un reloxo de cociña.

Tamén venden mobles e outros produtos en stock, aínda que os paquetes con misterio son os que atraen centos de clientes cada día. Unha especie de xogo da fortuna e no caso de que che toque algo que non precisas... sempre se pode volver vender noutra tenda de segunda man. E o ciclo do capitalismo continúa...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade