Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xenebra artesanal de Cambre logra a máxima distinción nun certame mundial

Unha xenebra artesanal de Cambre logra a máxima distinción nun certame mundial

Tras a súa coronación como a mellor xenebra do mundo, a galega Vánagandr dispara as vendas

Unha semana despois de recoller o trofeo en Londres, o produtor da bebida espirituosa avalía a repercusión do premio para a súa destileria artesanal, situada en Cambre

 

G24.gal 05/10/2024 16:34

A nivel de vendas moi ben, todo o mundo nos chamou e díxonos : "Con este premio imos vender máis, mándame mercancía. Todos os distribuidores nos chamaron, a páxina web non para. Tivemos un grande aumento das vendas e esperamos que se manteña no tempo", di Enrique Pena, produtor de Vánagandr.


Con menos de dez anos no mercado, a xenebra galega Vánagandr acumula premios. Ao recoñecemento como a mellor xenebra de España no 2022, engade agora a máxima distinción a nivel mundial.


"Teño un Oscar na man das bebidas, exactamente. Creo que somos a primeira xenebra fabricada en España que obtén este recoñecemento. O premio que recibimos é a mellor London Dry do ano no International Spirits Challange, o concurso con máis prestixio de destilados porque ten tamén a cata ás cegas máis prestixiosa, afirma Enrique Pena.


Producida en Cambre de xeito artesanal neste alambique de cobre, ten os principais clientes nos Estados Unidos e no Xapón, aínda que tamén se vende en Galicia.

"Somos unha microempresa pelexando nun mundo de grandes empresas. A nosa única aposta, onde nos podemos defender é no mundo da alta calidade. No futuro, para poder crecer necesitaremos de investidores, necesitaremos unirnos a algún grupo grande para dar o salto", apunta Pena.


E é que competir coas 300 mellores xenebras do mundo e vencer supón un novo reto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar