Lois Ladra: "Os primeiros socios foron militantes que se comprometeron, cando os poderes públicos non o facían"

Lois Ladra asume a dirección do Museo do Pobo Galego tras a xubilación de Manuel Vilar
Nos últimos anos ademais de novas salas o museo medrou dixitalmente e en programación e fondos
Entre os retos de futuro está a descentralización e a recuperación de San Domingos de Bonaval
8.000 metros cadrados é a extensión física na que o Museo do Pobo Galego garda e conserva as mostras da nosa cultura popular recollidas desde a súa inauguración alá polo 1976. Ese é o museo físico, pero a súa extensión é tamén dixital porque o museo adáptase aos novos tempos nos que a divulgación non só pasa por ir a San Domingos de Bonaval e ao museo, tamén pode chegar ás nosas casas ou ao noso móbil.
As vantaxes, e tamén as dificultades, de adaptarse aos novos tempos serán os focos de atención de Lois Ladra, novo director deste museo.