Cargando resultados...
María do Cebreiro: "O neoliberalismo quere rachar coas redes que tecemos ao ser nais"
María do Cebreiro: "O neoliberalismo quere rachar coas redes que tecemos ao ser nais"
'Marternidade virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza' gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
O principal obxectivo é explorar os novos novos dispositivos parentais e as implicacións colectivas
Na sociedade actual a maternidade concíbese como un campo simbólico, a miúdo moi polarizado
G24.gal
27/10/2022 16:37
Poñer no foco o tema da maternidade é en si mesmo un acto de valentía. Calquera debate arredor deste tema suscita sempre opinións moi diversas e moi polarizadas. Di María do Cebreiro Rábade neste ensaio sobre maternides virtuosas, que, para exercer os roles de crianza, as nais deben converterse, simultamente, en nutricionistas, pediatras, asesoras, de sono, asesoras de lactación, psicólogas, coaches emocionais e neurocientíficas.