María Luísa Nache, o centenario dunha diva esquecida
María Luísa Nache, o centenario dunha diva esquecida
A cantante coruñesa comparte escenario con María Callas na Medea de Cherubini no papel de Glauce na Scala de Milán
Estreou Lola la Piconera no Liceo de Barcelona, Foi Micalela de Carmen no Metropolitanov e fixo Turandot co célebre tenor Franco Corelli
Dicía que cantar cancións en galego non so era a súa obriga, senón que se lle tiña que esixir
A cantante galega Maria Luísa Nache compartiu o escenario con Maria Callas nun dos grandes momentos de ópera do século pasado: a Medea de Cherubini na Scala de Milán. Este ano celébrase o centenario do seu nacemento.
Nache, unha soprano nacida na Coruña, cantou nos mellores teatros de Europa e América antes de retirarse á Coruña onde se dedicou a docencia e ao repertorio de música galega, para ela máis que unha obriga co país.