Cargando resultados...
Alejandra Escolante: "Santiago é un dos lugares privilexiados a nivel organístico"
De lugares e órganos Do 13 ao 20 de abril en Compostela
'Con moita invención e diversidade, outras linguaxes e sonoridades do barroco" abre o ciclo o 13 de abril na igrexa de San Paio de Antealtares
Nas actividades paralelas: cine con 'O verán pasado en Marienbad', visitas guiadas e conferencias
Alejandra Escolante, organista do grupo Catro Quince
G24.gal
09/04/2025 13:30
Última actualización 09/04/2025 16:24
O ciclo 'De Lugares e órganos' fai dez anos descubrindo o patrimonio musical de Santiago. Na Semana Santa este ciclo asolaga con vellas melodías as igrexas de Compostela revivindo os seus valiosos órganos históricos.
Catro concertos e un feixe de actividades completan a programación que comeza este domingo na Igrexa de San Paio de Antealtares.