Mónica Maneiro: "Os debuxos dos anos 50 de Labra sorprenden pola súa actualidade e vixencia"
A segunda exposición do ciclo 'Correspondencias' ofrece novas posibilidades de explorar a obra do coruñés José María de Labra
55 debuxos e maquetas do artista dialogan con obras de artistas como Pablo Barreiro, Almudena Fernández Fariña, Carlos Maciá ou Tatiana Medal entre outros
'Correspondencias: José María de Labra' pódese ver no Centro Social Abanca de Santiago e mañá celébrase un seminario sobre a súa figura no Museo de Pontevedra
'A obra de arte é un ente vivo, mutable. Parte importantísima do seu significado achégao o espectador poñendo en correspondencia o que ve e o que vive ante a obra co que coñece'. Partindo desta idea, a mostra 'Correspondencias: Josá María de Labra' é o segundo capítulo dun ciclo de exposicións que revisa as obras da colección ABANCA e sitúa ante novas posibilidades. As pezas do mestre da abstracción galega dialogan con outras de novos creadores.