Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atenea García e Vero Rilo: "Este espectáculo é como estar reunidas e ir contando o que nos vén a boca"

Atenea García e Vero Rilo: "Este espectáculo é como estar reunidas e ir contando o que nos vén a boca"

O espectáculo 'Bailen as vellas, os contos das cereixas' é unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral 

Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron

'Bailen as vellas, os contos das cereixas', sábado 12 no Cotellón, Concello de Mugardos

G24.gal 09/04/2025 14:02 Última actualización 09/04/2025 16:37

"Os contos ás veces son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis"

Iso ocórrelle, por exemplo, a Vero Rilo e a Atenea García no seu espectáculo 'Bailen as vellas, os contos das cereixas'. Mulleres que nos cantaron e nos contaron. Elas as transmisoras da tradición oral son este ano protagonistas, e o seu legado inspira máis que nunca as novas xeracións de cantareiras, músicos, músicas e contadoras de contos, como neste novo espectáculo de Atenea García e Vero Rilo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade