Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oliver Laxe e Carla Simón competirán pola Palma de Ouro do Festival de Cannes

Oliver Laxe e Carla Simón competirán pola Palma de Ouro do Festival de Cannes

O cineasta de orixe galega presenta 'Sirat', un filme protagonizado por Sergi López e Bruno Núñez; e Simón concorre con 'Romería', rodada en Vigo e participada pola CRTVG

Supón o regreso das producións españolas a Cannes seis anos despois de que Banderas recollera o premio a mellor actor por 'Dolor y Gloria'

G24.gal 10/04/2025 11:57

Carla Simón e Oliver Laxe competirán pola Palma de Ouro do 78 Festival de Cannes cos seus filmes 'Romaría' e 'Sirat', respectivamente, anunciou este xoves o delegado xeral do Festival de Cannes, Thierry Frémaux.

Laxe, un habitual de Cannes, chega á competición coa súa cuarta longametraxe, 'Sirat', unha "road movie de xente marxinal", en palabras de Frémaux, protagonizada por Sergi López e Bruno Núñez, sobre un pai e o seu fillo que se trasladan a Marrocos a buscar á súa filla e irmá, desaparecida desde hai meses.

Dous filmes con sabor galego nun dos festivais de cine máis importantes do mundo

O cineasta franco-español Oliver Laxe, nado en París de pais galegos debutou en Cannes en 2010 con 'Todos vos sodes capitáns', ao que seguiu 'Mimosas', co que o 2016 levou o premio principal da Semana da Crítica, e en 2019, con 'O que arde', o de mellor filme da sección Unha certa mirada, a segunda en importancia do festival.

"Teño a sensación de que Carla e eu somos da mesma tribo. Cando souben que ía rodar 'Romaría' en Galicia, púxenme á súa disposición. Estiven na rodaxe. Paréceme unha cineasta seria: refírome ao rigor co que fai o seu traballo", afirmou Laxe.

Simón presentará o seu terceiro filme, 'Romaría', co que continúa explorando o seu pasado familiar, neste caso o dos seus pais, nunha historia que se rodou principalmente na cidade galega de Vigo e os seus arredores.

"É como sentir que están pasando cousas, e alégrame moitísimo compartir iso con Oliver (coa película 'Sirat') e sentir que non son casos illados, senón que realmente o noso cinema está a viaxar mogollón", comentou Carla Simón.

Simón admite que Romaría ten "moitos riscos", pero que chegaron "a bo porto". Ten "algo do ton das outras pelis, porque ao final somos a mesma persoa toda a vida", pero tamén "algo como a nivel de estrutura narrativa", que para ela "era un reto moi grande".

"Non poderei nunca facer algo que non senta. Tivemos dilemas dese tipo de quitamos isto, o outro... Hai algo de que se eu non estou convencida ou sinto, estou a traizoar algunhas ideas que tivera aí. Non síntome cómoda e non podo pechar a película", comenta Simón.

É a primeira vez que a directora catalá participa en Cannes, como resaltou Frémaux, que lembrou que os seus dous filmes anteriores competiron na Berlinale.

Con 'Verán 1993' gañou en 2017 o premio a mellor ópera prima no festival alemán e con 'Alcarrás' (2022) levou o Oso de Ouro.

Sirat, "unha resposta a esta época histérica"

Rodada en España e en Marrocos, Sirat é un traballo "poliédrico", por unha banda, e "radical", por outro, en palabras de Laxe. Pero, ao mesmo tempo, "dialoga coa actualidade" entre "ecos dun mundo en convulsión" e dunha época que apunta ao "fin de algo".

"Son dunha xeración que naceu sentindo que este mundo non está ben cosido. A película é de xente desa xeración. Xente que non ten medo a morrer, que non participa nesta histeria xeral. Que o único ao que ten medo é a enganarse. Por iso, toman decisións radicais", explicou Laxe.

O regreso do cine español a Cannes

Estes dous filmes supoñen o regreso das producións españolas á competición oficial do festival máis importante do mundo tras 'Dolor y Gloria', de Pedro Almodóvar, que en 2019 levou o premio a mellor actor para Antonio Banderas.

Ao ano seguinte competiu o español Fernando Trueba, pero fíxoo cun filme enteiramente colombiano, 'El olvido que seremos', baseado no libro homónimo do escritor colombiano Héctor Abad Faciolince.

En 2022 foi a quenda de Albert Serra coa produción francesa 'Pacification' e en 2024, aínda que non houbo filmes españois na competición principal do festival, Karla Sofía Gascón levou o premio a mellor actriz -xunto a Zoe Saldaña, Adriana Paz e Selena Gómez- polo seu traballo na francesa 'Emilia Pérez'.

O cineasta español Oliver Laxe competirá pola Palma de Ouro de Cannes con 'Sirat', unha película protagonizada por Sergi López e Bruno Núñez, sobre un pai e o seu fillo que se trasladan a Marrocos a buscar á súa filla e irmá, desaparecida desde hai meses.

Simón presentará o seu terceiro filme, 'Romaría', co que continúa explorando o seu pasado familiar, neste caso o dos seus pais, nunha historia que se rodou principalmente na cidade galega de Vigo e os seus arredores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade