Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Oppenheimer' arrasa nos Bafta con sete premios

'Oppenheimer' arrasa nos Bafta con sete premios

La sociedad de la nieve queda sen o premio á mellor película de fala non inglesa

'Oppenheimer' gañou na categoría de mellor película e mellor director
G24.gal 19/02/2024 09:03

Oppenheimer chegará á gala dos Óscar o vindeiro 10 marzo como clara favorita. Xa se fixera cos grandes premios nos Globos de Ouro, agora tamén cos Bafta. Dos sete premios que recolleu, un foi para a mellor película e outro ao mellor director para un Christopher Nolan moi agradecido ao seu equipo e, sobre todo, aos produtores. "Grazas por apostardes por unha historia tan escura e crerdes en todo o potencial que había nela", asegurou Nolan ao recoller o premio.

Cillian Murphy levou o Bafta a mellor actor principal pola súa interpretación do físico teórico pai da bomba atómica. No seu discurso salientou a complexidade deste personaxe. "Un personaxe complexo que significa cousas diferentes para persoas diferentes. Para algúns é un monstro. Para outros, un heroe", dixo Murphy.

Robert Downey Jr. foi recoñecido como mellor actor de elenco.  O premio á mellor interpretación feminina recaeu en Emma Stone polo seu traballo en Pobres criaturas, filme que logrou catro galardóns máis.

A noite dos Bafta arrefriou as expectativas de La sociedad de la nieve de cara aos Óscar. A cinta de Jota Bayona quedou sen o premio a mellor película en lingua estranxeira. Levouno a coprodución británico-polaca La zona de interés, sobre un comandante das SS que vive preto dun campo de concentración nazi. 

Na categoría de mellor documental gañou 20 días en Mariupol, o relato persoal dun xornalista sobre o asedio á cidade ucraína en 2020. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade