Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Vázquez, sobre 'Matria': "Ramona somos todas"

María Vázquez, sobre 'Matria': "Ramona somos todas"

Matria, de Álvaro Gago, chega a 27 salas galegas este venres

Conta a vida dunha traballadora atrapada na precariedade 

É a maior estrea comercial dun filme na nosa lingua

 

G24.gal 22/03/2023 12:43

Matria é a primeira longametraxe do director Álvaro Gago, que conseguiu varios premios coa curta do mesmo título.

O filme conta a historia de Ramona, unha muller atrapada pola precariedade laboral e emocional. Rodada no Salnés e en Pontevedra, Matria chega este venres a 27 salas de cine galegas, 60 en toda España, na súa versión orixinal, en galego.

María Vázquez encabeza o elenco, do que tamén forman parte Susana Sampedro, Yolanda Luaces, Santi Prego ou Eduardo Cunha "Tatán".

O Diario Cultural da Radio Galega falou coa actriz, que acaba de recibir a Biznaga de Prata do Festival de Málaga pola súa interpretación neste filme.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade