Publicador de contidos
Publicador de contidos

O labirinto de Breoghán, un lugar para perderse en Vilarmaior

O labirinto de Breoghán, un lugar para perderse en Vilarmaior

Con máis de dous quilómetros de corredores, é o labirinto vexetal máis grande de España

G24.gal 04/06/2022 15:21 Última actualización 04/06/2022 16:16

Será, sen dúbida, un grande atractivo turístico.  Nunha superficie de máis de seis mil metros cadrados, catro mil árbores debuxan unha enorme cruz celta vexetal na que perderse. O labirinto de Breoghán abriu as súas portas para convidarnos a regresar ás orixes e reconectar coa terra percorrendo dous quilómetros e medio de corredores sinuosos.

Cinco anos lle levou a José Luís Meitín facer realidade este proxecto, encaixado nunha contorna rural e moi conectado co Roteiro dos Petróglifos de Vilarmaior. O labirinto está deseñado para saír nun tempo de entre media hora e corenta minutos. Para os máis desorientados, hai un número de teléfono ao que chamar para guialos ata a saída.

A entrada custa entre tres e cinco euros e é de balde para os menores de sete anos. Entre as recomendacións, calzado cómodo, gorra, protección solar e, por suposto, respecto pola contorna.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos