Cargando resultados...
Lois Ladra: "O Museo do Pobo ten que escoitar o que demanda o país"
Lois Ladra: "O Museo do Pobo ten que escoitar o que demanda o país"
O antropólogo e arqueólogo coruñés estréase como director do Museo do Pobo Galego
Ladra reclama máis recursos humanos e económicos para seguir adaptando o Museo ao século XXI
A entidade, impulsada pola sociedade civil, fará 50 anos en 2027
Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego
G24.gal
15/10/2024 18:41
Última actualización 16/10/2024 08:47
Lois Ladra estréase este mes de outubro como director do Museo do Pobo Galego, institución emblemática dedicada á custodia, investigación e divulgación da nosa cultura tradicional. Este antropólogo e arqueólogo coruñés, nado en 1972, foi escollido nun concurso de méritos con máis de vinte candidaturas.
O Diario cultural da Radio Galega conversou con Lois Ladra sobre os desafíos da entidade, impulsada pola sociedade civil durante a transición. O Museo do Pobo Galego chegará ao medio século de vida en 2027.