James Skinner: "O reinado de Carlos III terá que adaptarse aos tempos"
James Skinner: "O reinado de Carlos III terá que adaptarse aos tempos"
O diplomático, excónsul do Reino Unido en Vigo, confía en que o monarca logre o apoio do pobo británico
Dende Vigo, lugar onde vive e onde desenvolveu o seu labor diplomático durante cinco anos, o excónsul británico móstrase confiado en que o novo rei obteña a aceptación do pobo. James Skinner mantén que con Carlos III a monarquía debera modernizarse.
"Pasou a era do século pasado, podería dicirse que o seu reinado ten que ser moi distinto e acorde aos tempos aos que vivimos. Hai que recoñecer que o Reino Unido xa non pertence á Unión Europea e este é un gran desafío para a monarquía. Eu son optimista, doulle todo o meu apoio, pero hai que ver que pasa nos próximos meses, como se desenvolve".
O excónsul agarda que Carlos III si manteña a neutralidade que caracterizou o reinado da súa nai e que actúe conforme o protocolo da monarquía británica. A incógnita é cal vai ser a súa personalidade como rei. Coñecémolo como príncipe pero non como rei.
"Eu persoalmente, e creo que podo falar pola maioría dos británicos, que estamos pendentes de como se desenvolve como rei, digamos os próximos seis meses, un ano... Eu creo que se segue o protocolo".
Sobre a figura da raíña Isabel II, Skinner considera que é unha das personaxes históricas máis respectadas deste século e do anterior.