Publicador de contidos
Publicador de contidos

O segredo de Haydn, unha viaxe musical e imaxinaria de Suso de Toro e Xosé Cobas

O segredo de Haydn, unha viaxe musical e imaxinaria de Suso de Toro e Xosé Cobas

O libro-disco forma parte dunha inciativa do frautista de Guláns, Luís Soto, para achegar á sociedade galega os grandes compositores

O escritor Suso de Toro e o ilustrador Xosé Cobas imaxinan  a visita do compositor a Santiago xunto ao empresario e violinista Johan Peter Salomon

O martes 18 preséntase cun concerto en Guláns, Ponteareas

G24.gal 14/06/2024 14:49 Última actualización 14/06/2024 16:18

Narración, música, ilustración e converxen no último libro do escritor Suso de Toro: O segredo de Joseph Haydn parte da nada fundamentada historia dunha viaxe do compositor austríaco á Compostela do século XVIII. 

O libro, que inclúe un disco de Fisión Atlántica e deseño de Xosé Cobas, mostra tamén as conexións entre a música clásica e a tradición popular, por exemplo, as danzas de Reis de Guláns e os cuartetos de Haydn. Publica o libro disco Edicións Xerais.   
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade