Patricia Buxán: "Hoxe é moi difícil que haxa malas traducións, a non ser por cuestións ideolóxicas"
Patricia Buxán: "Hoxe é moi difícil que haxa malas traducións, a non ser por cuestións ideolóxicas"
Buxán traduciu ao galego desde 'Heidi' ata a 'Teoría da Relatividade' de Einstein
A flora local en 'Heidi' ou as esencias en 'O perfume' levaron á tradutora a investigar sobre esas materias
É socia da editorial Catro Ventos, centrada en temas como ecoloxía ou dereitos humanos
Alá polo ano 400 Eusebio Hierónimo traduciu a Biblia do hebreo e do grego ao latín. Unha tradución que chegou ata a Idade Media e pola que o fixeron Santo. San Xerome. As nacións Unidas escolleron o día de san Xerome para celebrar o Día Internacional da Tradución que é hoxe. Pouco se parecerá a maneira de traballar dun tradutor daquela e de agora, pero a esencia de espallar o coñecemento e facérmonos entender, permanece. Hoxe imos falar con Patricia Buxán, doutora en tradución e profesora de alemán na Universidade de Vigo. Foi tamén presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación da que é membro.