Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pepe Coira: "A figura do cineasta Antonio Román é controvertida, ten moitas arestas"

Pepe Coira: "A figura do cineasta Antonio Román é controvertida, ten moitas arestas"

Pepe Coira reconstrúe unha cinta desaparecida filmada en 1934 polo ourensán Antonio Román

'Canto de emigración' conta a historia desafortunada dun emigrante galego a América

Pepe Coira imaxinou a cinta desde o guión, a música orixinal e fotos da rodaxe
 

G24.gal 08/10/2022 11:30

En 1934 o cineasta ourensán Antonio Román, un dos grandes directores de cine da posguerra, dirixiu un filme en Ourense inspirado nun debuxo de Castelao. 'Canto de emigración' está considerado como unha das nosas xoias desaparecidas. Non queda ningunha copia del pero si é posible reconstruílo e imaxinalo. Así o fixo o cineasta Pepe Coira, máis de 80 anos despois da rodaxe orixinal. No Festival de Ourense estreouse o filme con música en directo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos