Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Picasso branco no recordo azul', a partir deste xoves na Coruña

'Picasso branco no recordo azul', a partir deste xoves na Coruña

A exposición quere reivindicar a pegada galega do artista

G24.gal 21/03/2023 16:42

Non todo o mundo coñece a vinculación que Picasso tivo con Galicia.

"O que queremos amosar é como as cousas que aprendeu na Coruña perviviron ao longo da súa vida", afirma Malén Gual, comisaria da mostra Picasso branco no recordo azul.
 

E iso farase a través de 68 obras orixinais que son as que conformarán esta mostra que está a piques de abrir as súas portas no Museo de Belas Artes da Coruña.

"Esta mostra lémbranos que Picasso foi un xenial pintor do século XIX que se forxou nas rúas desta cidade", comenta Carlos Alberdi, comisionado da conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso.

É a única celebración que acollerá Galicia para conmemorar o 50 aniversario da morte do artista 

"Queremos dotar esta mostra dun valor engadido, para ampliar a experiencia da visita con contidos didáctivos", asegura Román  Rodríguez, conselleiro de Cultura.
 

A mostra, que abrirá as súas portas ao público o venres e poderá visitarse ata o vindeiro 25 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade