Publicador de contidos
Publicador de contidos

Picasso na Coruña, onde chegou o neno e agromou o xenio

Picasso na Coruña, onde chegou o neno e agromou o xenio

Na cidade galega agromou o artista que se convertería en xenio 

G24.gal 22/04/2023 15:30 Última actualización 24/04/2023 21:37

No 50 aniversario da morte de Picasso, A Coruña entrégase con actividades sobre a figura dun dos seus veciños máis ilustres. Chegou á cidade en 1891 cando ainda non fixera dez anos e marchou en 1895. Foron só tres anos e medio, pero que deixaron unha fonda pegada na súa personalidade e actividade creativa.

Durante moitos anos ignorouse a influencia do paso por Galicia dun dos grandes xenios da pintura universal. Hoxe en día son moitos os expertos que consideran que foi na Coruña onde agromou o artista que se escondía no pequeno Pablo Ruíz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar