Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha exposición da Afundación na Coruña explora a imaxe de Picasso no cómic

Unha exposición da Afundación na Coruña explora a imaxe de Picasso no cómic

A mostra 'Picasso protagonista' está aberta ata o 25 de maio

G24.gal 28/02/2024 14:57

A cidade da infancia de Pablo Picasso, vencellada á súa formación e ás súas primeiras obras, acolle desde este mércores unha exposición que estuda a pegada no cómic dun dos pintores máis universais.  É a mostra 'Picasso protagonista', que acaba de inaugurarse na Afundación Abanca, na Coruña, onde permanecerá ata o 25 de maio. 

Corenta artistas e cento setenta obras están presentes nesta proposta que escolle A Coruña como colofón, tras unha itinerancia que xa a levou a Vigo e Santiago.

Son artistas que publican no NY Times, que fan ilustracións en Disney ou que coñecemos polas revistas satíricas, as redes e as tiras cómicas nos xornais. Analizan a relación de Picasso con outros pintores, o seu xeito de narrar a Guerra Civil ou ata o seu diálogo co Románico, nesta obra de Sagar que podemos ver hoxe por primeira vez na Coruña. Todos, unidos baixo un fío condutor.

Un autor, PIcasso, de estilos e inspiracións moi diversos, un dos máis universais, que podemos coñecer mellor grazas á mirada de ilustradores, debuxantes e humoristas gráficos.

E ao remate da exposición, os vistantes poden levar unha imaxe picassiana de si mesmos elaborada con intelixencia artificial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade