Reedítase 'Papagaio', a denuncia da explotación sexual e do urbanismo voraz de Luísa Villalta e Maribel Longueira

Kalandraka reedita Papagaio, o derradeiro chanzo ca carreira literaria de Luísa Villalta
Trátase dun libro póstumo publicado no ano 2004, un ano despois da súa morte e dende hai ben tempo esgotado
Son 66 fotografías de Maribel Longueira realizadas durante o proceso de demolición do barrio coruñés e 19 poemas de Luísa Villalta
Poderiamos preguntar: que queda dos autores aos que se lles dedica o Día das Letras Galegas despois do 17 de maio? A resposta é sinxela: a obra, os libros, o seu gran legado. Un deles, o derradeiro poemario de Luísa Villalta acaba de ser reeditado pola editorial Kalandraka. Foi un dos seus proxectos máis arriscados. Fotografías de Maribel Longueira e poemas da escritora coruñesa compoñen esta reivindicación contra a prostitución e a especulación urbanística.