Cargando resultados...
Silvia Penas: "Aos poemas sempre lles falta contexto, temos que imaxinalo nós"
Silvia Penas: "Aos poemas sempre lles falta contexto, temos que imaxinalo nós"
Retratos de vodas, partos e funerais, publicado por Galaxia, é o novo poemario de Silvia Penas
O poemario parte de vivencias persoais para extrapolar á poesía desde o amor ata a morte
Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada son Cinta adhesiva levando a poesía a escena
G24.gal
21/01/2024 11:30
Última actualización 18/01/2024 17:13
Silvia Penas fixo da poesía imaxe, movemento, sons, música e por suposto palabra. Unha poeta que sorprendeu entre as pioneiras galegas en fusionar a poesía coa escena, co audiovisual ou coa música. Poesía oral que tamén se escribe, ou poesía escrita que se fai oralidade.
Silvia ten novo poemario que podemos ler e reler. Retratos de vodas, partos e funerais, publicado pola editorial Galaxia.